HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o nacemento da máis Ilustre Dama das letras galegas. O seu legado vive máis que nunca en todos os que amamos Galicia e a Literatura. Quero unirme ás moitas homenaxes que hoxe se lle fan a Rosalía de Castro cun modesto poema:
Crónicas de Carnoedo
Sentado, desde a miña horta,
gozo mirando a Ría.
O ceo está cuberto
e a tarde é algo fría.
Vexo pasar os veleiros
que, empuxados pola bresa,
navegan máis que lixeiros
e, digo eu…Por que tanta présa?
As lanchas nas bateas
cargan o mexillón,
ese froito das mareas
que vai destino ao fogón.
A Lourido chegan os pescadores
que a lura van pescar,
hoxe o día non foi do mellores
pero así son as cousas do mar.
Oio tanxer a campá,
avisando aos veciños
que a igrexa os reclama
e, aló van, polo camiño.
Hoxe, como cada día,
é a misa dalgún parente
ao que se lembra aínda
por ser ¿como non? boa xente.
Os que non foron ver ao cura
rezan na taberna
que, co viño que pon Pura,
a misa é máis moderna.
E eu sigo mirando, atento,
buscando historias que contar.
Unhas veces inspírame o mar,
outras, conto o que sinto.
Matías Ortega Carmona